PROXECTOS

FROITA (FOGGA)

FITOFALADOIRO

FROITA NA ESCOLA E XERMOLIÑO



Os proxectos de Froita na escola e Xermoliño, nos cales participa durante o presente curso o noso centro, está dirixido a favorecer hábitos de consumo máis saudables.
O proxecto está dirixido á totalidade do noso alumnado e terá unha duración de catro semanas distribuídas ao longo dos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril.
Con el non se pretende tan só proporcionar froita fresca ao alumnado, se non conciencialo da importancia do consumo deste produto, darlle a coñecer distintos sabores, presentarlle o produto dunha forma atractiva e divertida, etc.

DAFIS




O proxecto DAFIS no que participa durante o presente curso o noso centro, está dirixido a coñecer de forma efectiva a condición física do alumnado do centro para emprender aquelas medidas que poidan ser útiles para mellorala se fose necesario.
O proxecto está dirixido ao alumnado do cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria e levarase a cabo durante a segunda metade do curso.
Con é non só se pretende coñecer a condición física do alumnado se non, favorecer as canles necesarias para mellorar dita condición, promover hábitos de vida máis saudables, etc

FITOFALADOIRO



O proxecto FITOFALADOIRO no que participa durante o presente curso o noso centro, está dirixido a recoller, documentar e conservar exemplares de plantas da nosa zona xunto con aqueles datos sobre as mesmas que sexan significativos tanto a nivel social como educativo ou cultural.
O proxecto está dirixido ao alumnado do terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria e levarase a cabo ao longo de todo o curso.
No mesmo incluirase algunha saída a espazos naturais, asembleas para informar da forma de recollida de información, actividades prácticas para amosar exemplos na recollida de plantas, etc.

O FITOFALADOIRO EN IMAXES

UNHAS POUCAS IMAXES DO NOSO TRABALLO